Preguntas frecuentes

Nesta sección recollemos as preguntas máis frecuentes que se reciben nos servizos de atención, así como as respostas achegadas. Esperamos que isto permita resolver as dúbidas que poidan xurdir.

Se non atopa nesta páxina a resposta á súa pregunta, non en poñerse en contacto connosco a través do correo electrónico de contacto.

Tentaremos ofrecerlle unha resposta no prazo máis breve posible. 

Un portal de datos abertos é unha plataforma en liña onde se publica información recompilada por un organismo público de forma accesible e reutilizable. 

Os datos están dispoñibles en formatos estandarizados, abertos e gratuítos.

É unha plataforma de código aberto para o almacenamento, e distribución dos datos e provisión de APIs que fai os datos accesibles e utilizable ó prover ferramentas para publicar, compartir, atopar e usar os datos.

Na actualidade o Catálogo de Datos contén os Conxuntos de Datos de Alto Valor (CDAV) do Ministerio (apartados 1 e 2 do Anexo do Regulamento de Execución (UE)138/2023). No mesmo pódense consultar e descargar tódolos CDAV, os seus metadatos, o dicionario de datos e os propios datos.

No futuro está previsto que o catálogo de datos conteña tódolos conxuntos de datos abertos do MITECO.

Na páxina web das distintas Unidades do Ministerio poderá atopar tódolos datos que están a disposición do usuario.

É a información precisa para explicar os datos: «Datos sobre datos», e polo tanto poder utilizalos de forma correcta.

Hai dúas vías de acceso:

Directamente consultando o Catálogo de Datos na páxina web, ou a través das APIs.

Un API «Application Programming Interface» ou Interface de Programación de Aplicacións, en español, é un conxunto de funcións e procedementos que permite integrar sistemas, permitindo que as súas funcionalidades poidan ser reutilizadas por outras aplicacións ou software.

Os datos publicados neste portal de forma xeral están baixo licenzas abertas, como Creative Commons Attribution (CC BY 4.0), que permiten o seu uso, distribución e modificación, a cambio de que se recoñeza ó organismo público como a fonte. Consulta a páxina de cada conxunto de datos para obter máis detalles sobre a licenza específica.

Os datos están permanentemente actualizados; isto é, sempre se dispón da última información que existe no Ministerio, consonte co calendario de difusión. 

Nos propios conxuntos de datos do Catálogo de Datos pódense consultar tanto a data de última actualización dos Metadatos como a dos datos. 

Ademais, faise referencia tanto á data de publicación, como á frecuencia da información dispoñible (horaria, mensual, bimensual, trimestral...).

Podes buscar datos utilizando a barra de busca na páxina principal ou aplicando filtros por categoría, formato ou palabras clave.

Si, de forma xeral os datos son descargables en formatos abertos e estandarizados, como CSV, JSON, XML, dependendo do conxunto de datos. Isto asegura que sexan compatibles coa maioría das ferramentas de análises e visualización.

Si, moitos dos conxuntos de datos publicados neste portal poden ser accedidos a través de interfaces de programación de aplicacións (API). Isto permite ós desenvolvedores integrar os datos directamente nas súas aplicacións, sistemas ou análise en tempo real. En cada conxunto de datos atoparás información sobre a dispoñibilidade de API, a documentación técnica e exemplos de uso. Tamén podes consultar a nosa páxina de «Acceso a APIs» para obter máis detalles.

Se detectas erros, inconsistencias ou datos desactualizados, podes reportalo a través do formulario ou correo electrónico dispoñible na sección «Contacto».

Este catálogo de datos inclúe ferramentas interactivas para previsualizar e explorar algúns conxuntos de datos sen necesidade de descargalos. Porén, non existe a capacidade de analizar datos no propio Portal de Datos. Ofrécense ligazóns a diferentes visualizacións preconstruídas sobre os temas máis relevantes