Nas seguintes seccións móstranse máis detalles sobre como usar os diferentes APIs.
Definicións
Un API (Application Programming Interface ou Interface de Programación de Aplicacións) é un interface que permite a diferentes aplicacións comunicarse entre si. Imaxina o API coma un "tradutor" que recibe solicitudes dunha aplicación, interprétaas e logo devolve a resposta no formato axeitado. Grazas aos APIs, é posible que un programa interactúe con servizos externos e acceda a funcionalidades ou datos que non están dentro do seu propio código.
Un API REST (Representational State Transfer ou Transferencia de Estado Representacional) é un tipo de API que segue un conxunto de principios de deseño para facilitar a comunicación entre aplicacións na web. Estes APIs usan métodos HTTP comúns, como GET, POST, PUT e DELETE, para interactuar cos datos. REST é un estilo de arquitectura moi popular porque permite a transferencia de datos de forma rápida e sinxela a través de internet.
Un punto de conexión, punto final, ou endpoint ou é un URL específico do API que representa un recurso ou servizo ao que se pode acceder. É o "punto de contacto" que recibe as solicitudes e devolve as respostas, como a listaxe de usuarios dunha aplicación, a información sobre un produto ou calquera outro dato que ofreza o API.
Por exemplo, nun API de exemplo, o endpoint para obter unha lista de usuarios podería ser https://api.ejemplo.com/usuarios.
Conectar a una API
Para conectar a un API precísanse tres elementos básicos:
- URL do Punto de conexión (endpoint): a dirección do recurso ao que se desexa acceder.
- Método HTTP: o tipo de acción que se desexa realizar. No caso do API deste Catálogo unicamente é necesario o método GET.
- Credenciais de acceso (se se require): algúns APIs públicos requiren autenticación, xa sexa mediante unha clave API ou tokens de acceso. Non é preciso para acceder ao API do Catálogo de MITECO.
Exemplos
A continuación móstranse exemplos de como realizar unha solicitude GET en diferentes linguaxes de programación: