Lexislación

Neste apartado pode atopar a lexislación máis relevante sobre datos abertos, Datos de Alto Valor, datos INSPIRE, Estatística oficial e Protección de datos:

Datos abertos e Datos de Alto Valor:

Directiva (UE) 2019/1024 do Parlamento europeo e do Consello de 20 de xuño de 2019 relativa ós datos abertos e a reutilización da información do sector público, pola que se establece o marco xurídico para a reutilización da información do sector público, a disposición do público como datos abertos, introduce o  concepto de Datos de Alto Valor como un tipo particular de datos abertos; e establece as categorías xerais anunciando a publicación dun regulamento de execución onde se regulará o detalle dos HVDS

Regulamento de Execución (UE) 2023/138 da Comisión de 21 de decembro de 2022, polo que se establece unha listaxe de conxuntos de datos específicos de alto valor e modalidades de publicación e reutilización.  

Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público. (Texto consolidado maio 2023). Adáptase para transpoñer a Directiva 2019/1024, incluídas as disposicións sobre Datos de Alto Valor HVDS e o Regulamento de execución. 

Datos INSPIRE:

Directiva 2007/2/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de marzo de 2007, pola que se establece unha infraestrutura de información espacial na Comunidade Europea (Inspire), pola que se fixan as normas xerais con vistas ó establecemento dunha infraestrutura de información espacial na Comunidade Europea (Inspire), orientada á aplicación das políticas comunitarias de medio ambiente y de políticas ou actuacións que poidan incidir no medio ambiente.

Lei 2/2018, de 23 de maio, pola que se modifica a Lei 14/2010, de 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España.

Estatística:

Lei 12/1989, de 9 de maio, da Función Estatística Pública, que regula a planificación e elaboración de estatísticas para fins estatais desenvolvidas pola Administración do Estado e as entidades de ela dependentes; a Organización dos seus servizos estatísticos e as súas relacións en materia estatística coas Comunidades Autónomas e as Corporacións Locais, así como coa Comunidade Europea e Organismos internacionais. 

Modificacións da Lei (Disposición 11311 do BOE 08-07-2022).

Plan Estatístico Nacional 2025-2028, principal instrumento ordenador da actividade estatística da Administración Xeral do Estado. Contén as estatísticas que deben elaborarse no cuadrienio polos servizos da Administración Xeral do Estado, do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Banco de España; e as que deben levar a termo total ou parcialmente con participación das comunidades autónomas e as corporacións locais en virtude dos acordos de cooperación cos servizos estatísticos estatais ou, cando corresponda, en execución do previsto nas leis. 

Programa Anual 2025, que desenvolve o Plan Estatístico para o ano 2025. 

Protección de datos:

Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas respecto ó tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE